Ángeles Vázquez recibiu esta semana unha visita institucional de Ramiro Rodríguez

A conselleira de Medio Ambiente e o cónsul de Uruguai exploran posibles colaboracións en materia ambiental

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o cónsul xeral de Uruguai para Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, Ramiro Rodríguez, mantiveron esta semana unha reunión durante a que tiveron a oportunidade de intercambiar opinións sobre diversos asuntos relacionados coas distintas áreas da súa competencia.

Neste sentido, a conselleira e o cónsul uruguaio acordaron seguir en contacto co fin de explorar posibles vías de colaboración entre ambos organismos, sobre todo no relativo a proxectos en materia medioambiental que poidan ser de interese común.

Por último, Ángeles Vázquez quixo agradecer a visita do diplomático, solicitada co fin de presentarse de forma oficial, e salientou os numerosos puntos de coincidencia existentes entre ambos, polo que se amosou convencida de que esta primeira reunión sentará as bases dunha futura relación entre a Consellería e o Consulado.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/10/2021