Política Social pon en valor o impulso do voluntariado xuvenil e sénior en Mos

Mos (Pontevedra), 15 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os participantes nos programas de voluntariado xuvenil e sénior no Concello de Mos. O Goberno galego axuda ás entidades locais na posta en marcha destas actividades enmarcadas no programa de Servizo de voluntariado xuvenil.

Os participantes do programa de voluntariado xuvenil realizan, entre outras actividades, recollida de alimentos en supermercados e o seu posterior reparto entre as persoas que máis o precisan da zona. Pola súa banda, o programa de voluntariado sénior está destinado a actividades relacionadas co fomento das TIC ou co Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021.

A directora xeral lembrou que o voluntariado permite, non só coidar e preservar o patrimonio cultural e paisaxístico de Galicia, senón tamén compartir experiencias e que as persoas crezan e se desenvolvan en igualdade.

Data de actualización: 15/10/2021