Galicia pechou o mes de agosto como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 12,88 días, case 17 días por debaixo da media autonómica

A débeda comercial foi tamén a segunda máis baixa de España

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

Galicia pechou o mes de agosto como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 12,88 días, 16,5 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 29,44. Ademais, tamén se situou 17 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Hacienda y Función Pública sitúan a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de agosto no 0,13%, só por detrás de Murcia e por debaixo da media autonómica, que foi do 0,27%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.320 millóns de euros, dos que 80 millóns –o 2,4%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Agosto de 2021 (*CCAA réxime foral)

Murcia
 5,99
 
C. F. Navarra*
27,07
Galicia
12,88
Canarias
28,02
Extremadura
15,49
TOTAL CC.AA.
29,44
Cantabria
18,64
Baleares
30,43
Castilla-La Mancha
19,91
Asturias
31,86
C. Valenciana
21,12
Andalucía
33,93
País Vasco*
22,18
Aragón
34,16
Castilla y León
23,79
Madrid
35,16
La Rioja
23,96
Cataluña
36,87

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/10/2021