O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe ás xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH', organizadas por esta entidade

Política Social recibe o recoñecemento de 'Socia de Honra' por parte da asociación TDAH Salnés

No encontro abordáronse os retos do TDAH na adolescencia e nas etapas educativas da ESO, Bacharelato e a Universidade, así como na súa incorporación ao ámbito laboral

O Goberno galego puxo en marcha 37 unidades de atención temperá desde o ano 2009 para ofrecer ás familias centros de prevención e coidado do TDAH

O director xeral asistiu previamente á VII Carreira por obstáculos organizada na cidade da Coruña pola entidade Enki
 

Ribeira (A Coruña), 23 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, recolleu o recoñecemento de ‘Socia de Honra’ entregado pola Asociación TDAH Salnés á Consellería de Política Social. Durante o encontro, realizouse unha mesa redonda e un coloquio no que se abordaron os retos das persoas con TDAH durante as etapas educativas da ESO, Bacharelato e a Universidade, así como a súa incorporación ao ámbito laboral.

O director xeral sinalou que o Goberno galego está ao carón das familias e as persoas con TDAH para ofrecerlles un sistema educativo adaptado ás súas necesidades e servicios de atención temperá que axuden á súa prevención e tratamento especializado. Neste sentido, lembrou que actualmente existen 39 unidades de atención en funcionamento distribuídas por toda a comunidade, 37 máis que no ano 2009.

Carreira por obstáculos Enki

Fernando González asistiu previamente á VIII Carreira de obstáculos organizada pola entidade Enki, onde loou o labor desta organización para dar visibilidade e impulsar o deporte entre as persoas con discapacidade. O evento tivo lugar na cidade da Coruña e contou coas modalidades presencial e virtual.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/10/2021