O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, deu hoxe a benvida aos participantes nun encontro organizado pola entidade na Residencia de Tempo Libre do Carballiño

A Xunta destaca o traballo de ASFEGA no apoio ás persoas con enfermidades metabólicas

Médicos e especialistas en nutrición comparten coñecementos e experiencias con persoas afectadas por estas doenzas

O Carballiño (Ourense), 23 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, deu hoxe a benvida ás persoas que durante esta fin de semana participan nun encontro sobre enfermidades metabólicas, que ten lugar na Residencia de Tempo Libre da Xunta no Carballiño. A Asociación Fenilcetonúrica y OTM de Galicia (Asfega) é a organizadora destas xornadas, que contan coa presenza de profesionais médicos, investigadores e especialistas en nutrición.
Jacobo Rey destacou o traballo de apoio, información e asesoramento ás persoas con enfermidades metabólicas e ás súas familia que desde hai anos realiza Asfega. Así mesmo, valorou a importancia que teñen estes encontros para compartir experiencias e adquirir maiores coñecementos sobre os trastornos alimentarios.
Entre os temas que se abordan nestas xornadas, está o programa galego de cribado neonatal, as dietas e a nutrición máis axeitada para os afectados por esta doenza, ou as estratexias e recursos para a mellora dos tratamentos en adolescentes e adultos.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Política Social
Data de actualización: 23/10/2021