Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira, que afecta o Parque Natural do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunha hectárea

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira.
O lume comezou este mediodía ás 15,04 h. e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunha hectárea, dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control participan 1 axente, 5 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Data de actualización: 15/11/2021