Actualidade
A Xunta apoia o XXII Encontro de Torneiros que se celebrará en Xermade no mes de setembro
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través de Artesanía de Galicia, colabora cada ano neste evento monográfico de divulgación do oficio tradicional do torneado da madeira, que é xa un referente do sector en Europa
A Xunta solicita a declaración da situación 2 no incendio forestal activo no concello de Laza, parroquia de Camba
Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade do lume ao núcleo das Taboazas, no concello lindeiro de Chandrexa de Queixa
Xunta e Concello de Cospeito instan á Deputación de Lugo a traballar todos xuntos na compra e posterior recuperación da Torre de Caldaloba
O delegado territorial abordou co alcalde de Cospeito a comunicación que a Deputación fixo ao Goberno Galego para mercar a metade da torre e a opción legal que ten a Xunta de exercer o dereito de tanteo nos próximos tres meses para comprala na súa totalidade
A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar e incluír á cadea mar-industria no Perte Agroalimentario
O Goberno autonómico trasladou por carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación esta demanda e a preocupación da industria galega de transformación de produtos do mar
A Xunta mantén aberto o prazo para acceder aos préstamos IFI innova cos que se prevé mobilizar 4 M€ para apoiar iniciativas empresariais innovadoras
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en San Cibrao das Viñas Coinscrap Finance, que co apoio deste instrumento desenvolve un módulo de asesoramento financeiro automático que dará recomendacións aos usuarios para axudarlles na súa planificación financeira
A Xunta reitera o seu apoio ao mercado medieval de Mondoñedo na celebración da súa trixésima edición
A Xunta pon en valor en Ribeira o obradoiro xuvenil Serra do barbanza que ofreceu a trece menores de 30 anos formación especializada en albanelería
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe o programa de formación e emprego no que a Xunta investiu preto de 370.000€
A Xunta financia actividades de conciliación de verán en Viana do Bolo nas que participan 50 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos
O delegado territorial explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade fixo unha achega de preto de 16.000 euros para por en marcha unha ludoteca, obradoiros e xogos que se están a desenvolver na Casa da Cultura e no pavillón municipal
A Xunta pon en marcha un protocolo de actuación ante casos sospeitosos de submisión química na sanidade pública galega
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, recibiu do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, o documento para sometelo a alegacións do Observatorio Galego da Violencia de Xénero
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe