Galicia pechou o mes de setembro como a segunda Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 13,22 días, case 15 días por debaixo da media autonómica

A débeda comercial foi a terceira máis baixa de España
 

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

Galicia pechou o mes de setembro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 13,22 días, case 15 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 27,69. Ademais, tamén se situou case 17 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a terceira comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de setembro no 0,14%, só por detrás de Murcia e Madrid e por debaixo da media autonómica, que foi do 0,27%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.282 millóns de euros, dos que 89 millóns –o 2,7%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Setembro de 2021 (*CCAA réxime foral)

Murcia
 4,29
 
Andalucía
24,78
Galicia
13,22

TOTAL CC.AA.

27,69
Extremadura
13,77
Castilla y León
27,84
Cantabria
17,82
Canarias
31,25
C. Valenciana
19,40
Asturias
31,81
Castilla-La Mancha
21,77
Cataluña
33,20
País Vasco*
22,19
Aragón
33,83
La Rioja
23,37
Baleares
34,25
C. F. Navarra*
23,26
Madrid
36,58


 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/11/2021