Estabilizado o lume forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira

Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira, está estabilizado desde as 23,45 h. de onte.

O lume comezou tamén onte ás 16,48 h. e, segundo as últimas estimacións provisionais, que se revisarán coa luz do día, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 7 axentes, 17 brigadas, 10 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 24/11/2021