A Xunta pecha no Campus de Vigo o ciclo de xornadas Agresión OFF dirixido á mocidade para concienciar e loitar contra a violencia sexual

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe a iniciativa do Goberno galego que se celebrou en todos os campus universitarios de Galicia con motivo do 25-N, o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

As xornadas son continuidade da campaña de sensibilización Agresión Off que o ano pasado percorreu os municipios galegos chegando a máis de 2.500 persoas

Vigo, 24 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Xunta pechou hoxe no campus de Vigo o ciclo de xornadas que baixou o lema Agresión Off leva desenvolvendo desde hai días en todos os campus galegos para concienciar á mocidade na loita contra a violencia sexual. A iniciativa forma parte do amplo programa que está a levar a cabo a Administración autonómica con motivo do 25-N, o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inagurou hoxe a xornada de Vigo e na súa intervención informou dos recursos que a Xunta está a por a dispor da sociedade para visibilizar esta lacra e acompañar ás súas vítimas.
Tal e como lembrou López Abella, Galicia recoñece a violencia sexual como forma de violencia de xénero. A Xunta leva anos comprometida na visibilización deste fenómeno, na sensibilización entre a poboación máis nova e no acompañamento ás vítimas, asegurou.
Neste marco de actuacións o Goberno galego creou en 2020 un grupo de traballo no marco do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero que aborda pautas para a prevención e o tratamento das distintas formas de violencia sexual. A Secretaría Xeral da Igualdade colabora ademais coa Fundación Meniños coa que está a desenvolver un programa de atención e intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia e coa entidade Acadar, centrada las mulleres vítimas con algunha discapacidade.
Coa celebración das xornadas nos campus como a de hoxe, a Xunta está a dar continuidade, ás accións desenvolvidas no marco da campaña Agresión OFF, que en 2020 percorreu o diferentes puntos da xeografía galega, chegando a máis de 2.500 persoas, principalmente mulleres de entre 20 e 45 anos.
A sesión de hoxe no campus vigués contou co relatorio O romántico é político: ferramentas para liberar ao amor do machismo e a violencia, a cargo de Coral Herrera Gómez, doutora en Humanidades e Comunicación pola Universidade Carlos III de Madrid. É investigadora, profesora, escritora e comunicadora experta en feminismo e construción sociocultural do amor romántico; Iria Vázquez Silva, doutora en socioloxía e experta en xénero, falou sobre A violencia sexual e o machismo institucional; Genoveva Gundín González, técnica superior de promoción de igualdade de xénero, interviu no relatorio Violencias sexuais: Existen, pero saberías recoñecelas?; e, por último, Joaquín Pedrido Rey, periodista e profesor do Centro Tomás Barros da Coruña participou na charla Resulta morta´ ao ´muller asasinada. Medios de comunicación e violencia de xénero.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/11/2021