Román Rodríguez ve a moeda conmemorativa do Xacobeo 21-22 como un símbolo do intercambio que representa o Camiño

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación da peza acuñada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre

Santiago de Compostela, 24 de novembro 2021
Compartir
  • whatsapp

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participa na presentación da moeda conmemorativa do Xacobeo 21-22, acuñada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, nun acto que contou coa presenza de representantes do Concello de Santiago e do Goberno central entre outros.

Na súa intervención, Román Rodríguez fixo un paralelismo entre o “símbolo de cambio e intercambio” que representan as moedas e o “cambio espiritual, emocional, cultural, social e incluso sentimental” do Xacobeo. Tamén aludiu á “moeda única” do euro como “o gran símbolo moderno da nova Europa”.

A moeda acuñada, que estará en circulación a partir do luns a un prezo de 30 euros, é unha peza de coleccionista que nunha das súas caras representa unha alegoría do Camiño cun peregrino chegado a Santiago, e pola outra ten impresa a imaxe dos Reis de España.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/11/2021