Extinguido o lume forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira

Segundo as últimas medicións con GPS, a superficie afectada foi de 54,13 hectáreas, das cales 7 foron arboradas e o resto de monte raso

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021.- A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira, quedou extinguido.

O lume comezou onte ás 16,48 h. e, segundo as últimas medicións realizadas con GPS, a superficie afectada foi de 54,13 hectáreas, das cales 7 foron de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 24/11/2021