A conselleira de Política Social participou hoxe na mesa redonda ‘El futuro de las políticas sociales’ no IV encontro Economía Sénior

Fabiola García afirma que Galicia aproveitará a "oportunidade histórica" dos fondos europeos para modernizar os servizos sociais

Lembrou que o novo modelo de coidados pasa necesariamente por melloras tecnolóxicas, unha maior coordinación sociosanitaria e por melloras estruturais

Sinalou que os servizos sociais deben atender as circunstancia de cada persoa maior para garantir a súa capacidade de decisión vivan onde vivan

Reivindicou a necesidade de que todas as administracións colaboren garantindo un reparto dos recursos “xusto, equitativo e adaptado a cada territorio”

Madrid, 24 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A conselleira de Política Social, Fabiola García, afirmou que Galicia aproveitará a “oportunidade histórica” dos fondos europeos para modernizar os servizos sociais durante a súa intervención na mesa redonda ‘El futuro de las políticas sociales’ no IV encontro Economía Sénior celebrado en Madrid. Neste sentido, apuntou que para responder aos retos do envellecemento do século XXI, será preciso apostar decididamente pola innovación.

Na mesa tamén participaron a conselleira de Igualdad, Justicia y Políticas sociales do Goberno Vasco, Beatriz Artolazábal, e a conselleira de Derechos Sociales do Goberno de Navarra, María Carmen Maeztu.

Fabiola García lembrou o novo modelo de coidados pasa necesariamente por facer unha aposta polas melloras tecnolóxicas, como xa se está a realizar na residencia pública autonómica da Estrada, pola coordinación entre o ámbito social e sanitario, por melloras estruturais para que estes centros se parezan cada vez máis ás casas das persoas maiores e, todo isto, sen perder de vista a humanización destes centros.

Así mesmo, sinalou que os servizos sociais deben atender a cada circunstancia e particularidade que presente a persoa maior para garantir deste xeito que manteñen en todo momento a súa capacidade de decisión. Fabiola García apuntou que as administracións públicas deben poñer á súa disposición que lles permitan manter un envellecemento activo coa seguridade de que, en caso de necesitalo, terán a súa disposición coidados profesionais vivan onde vivan.


Colaboración do Goberno central

 

Por último, destacou a necesidade de contar co apoio de todas as administracións, especialmente do Goberno central. A conselleira sinalou que as comunidades autónomas deben dispoñer do financiamento necesario para poder estar á altura do que necesitan as persoas maiores e, para iso, é preciso un sistema de reparto de recursos “xusto, equitativo e adaptado” ás necesidades reais da cidadanía e de cada territorio, tal e como reivindicaron onte, concretou, os oito presidentes autonómicos que participaron no Foro Santiago.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/11/2021