A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Arbo

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 33 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Arbo (Pontevedra), 24 de agosto de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Policía Autonómica, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais, esclareceu un incendio forestal do concello pontevedrés de Arbo.

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica con sede en Vigo, esclareceron un lume ocorrido o pasado 14 de novembro, no lugar de A Granxa, no que se viron afectadas 0,3 hectáreas de monte arborado e raso.

Froito da investigación, os axentes identificaron a unha muller como presunta autora do incendio debido a unha posible neglixencia á hora de realizar unha queima de resto de poda. As dilixencias por estes feitos remitíronse ao Xulgado de Instrución nº3 de Ponteareas.

Na actual campaña deste ano, 33 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.
 

Data de actualización: 24/11/2021