O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reuniuse coa entidade para repasar o labor realizada durante o último ano e de cara ao futuro

A Xunta destaca o traballo da Fundación Juan Soñador na atención ás persoas en risco de exclusión

O Goberno galego destinou preto de 600.000 euros a esta organización a través da orde de entidades 2020-22 e das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF

 

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou o traballo da Fundación Juan Soñador na atención ás persoas en risco de exclusión social durante unha reunión coa entidade celebrada hoxe en San Caetano e na que repasaron os programas impulsados durante o último ano, así como os proxectos de cara ao futuro.

O Goberno galego destinou preto de 600.000 euros á Fundación Juan Soñador a través da orde de entidades 2020-2022 e da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF. O director xeral recoñeceu o alcance que tiveron as iniciativas que puxeron en marcha, como por exemplo, os seus programas de transición ao emprego ou de formación da poboación migrante.

Arturo Parrado destacou a importancia de contar cun tecido asociativo forte que sexa capaz de atender ás necesidades das persoas que, por distintas circunstancias, se atopan en situación de vulnerabilidade. Neste sentido, analizou coa entidade programas de futuro que axuden a chegar cada día a máis xente.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 25/11/2021