A Xunta destaca a visión compartida que ten co tecido empresarial á hora de buscar cómo afrontar os grandes desafíos da recuperación económica

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co consello asesor da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), no que destacou a visión compartida que ten o Goberno galego co tecido empresarial á hora de buscar como afrontar os grandes desafíos da recuperación económica.

Así, sinalou a importancia da colaboración público-privada para dar pulo á reindustrialización e á captación de investimentos; á formación para o emprego; recuperar a axenda internacional; aproveitar a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation; defender a importancia das infraestruturas de transporte; ou incrementar o investimento en I+D+i. Ideas incluídas no Plan Estratéxico Galicia Avanza elaborado pola CEG coas que coincide a Xunta.

Neste sentido, salientou iniciativas postas en marcha pola Administración autonómica, como a Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, que pon á disposición do tecido empresarial a Oficina Reactiva Galicia para ofrecer información e asesoramento sobre os distintos procesos administrativos e convocatorias de axudas.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 25/11/2021