José González participou esta tarde no acto de entrega dos Premio Pyme del año de Ourense 2021, promovidos polo Banco Santander e a Cámara de Comercio

A Xunta pon en valor a capacidade de superación das pemes agroalimentarias galegas tras a emerxencia sanitaria

O titular de Medio Rural agradeceu o esforzo das pequenas e medianas empresas en xeral e das agroalimentarias en particular, que foron quen de continuar a súa actividade nunha situación de emerxencia sanitaria e soster a unha comunidade enteira

Sinalou que a formación é base prioritaria de todo éxito empresarial para continuar innovando e xerar máis emprego

Ourense, 25 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta tarde no acto de entrega dos Premio Pyme del año de Ourense 2021, promovidos polo Banco Santander e a Cámara de Comercio. Alí, puxo en valor a capacidade de superación das pequenas e medianas empresas galegas agroalimentarias para seguir adiante en tempos difíciles, tras unha emerxencia sanitaria como a acontecida pola covid-19, e seguir afrontando todos os imprevistos que existen e seguirán.

Neste senso, agradeceu o esforzo das pemes en xeral e das agroalimentarias en particular, que foron quen de continuar a súa actividade e “soster ás persoas, ás familias e a toda unha comunidade enteira”, matizou o conselleiro.

Así, José González sinalou que para seguir crecendo e colleitando éxitos empresariais é preciso apostar pola formación, pola innovación e polo emprendemento. E nesa aposta pola formación, o conselleiro destacou os cursos gandeiros 20-30 que imparte o seu departamento, con cinco edicións xa celebradas, así como a formación non regrada do Plan de formación continua da Consellería, coa que se pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector primario tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de diversos cursos de interese.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 25/11/2021