A Xunta reforza os programas de emprego para incentivar a contratación da mocidade e formala

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, destacou a aposta que o Goberno galego realizará nos próximos meses polo emprego xuvenil cun plan específico que incluirá programas de formación, de mellora da empregabilidade e incentivos á contratación. Fixo estas declaracións no marco do evento Eqday, un encontro da enxeñaría química celebrado en Santiago de Compostela, onde tamén subliñou a importancia de achegar as empresas ás universidades para poñer en valor o talento da mocidade galega.
Toca lembrou que o colectivo de mozos e mozas é prioritario para a Xunta, que desenvolve obradoiros de emprego para persoas mozas que alternan a formación coa práctica profesional ou unha liña específica dentro do programa Galicia Emprega, que no 2022 estará dotado con 2 millóns de euros co obxectivo de contratar a 350 persoas.
Explicou ante os asistentes ao encontro que a Xunta promoverá o novo programa Investigo para a xeración de emprego xuvenil no eido da investigación, a tecnoloxía e a innovación. Tal e como adiantou “trátase de aproveitar o talento xuvenil, para o que resulta imprescindible a cooperación entre empresas e universidades e entre administracións e colexios profesionais”. Toca puxo en valor encontros como o de hoxe, nos que as persoas novas poden coñecer experiencias locais, nacionais e internacionais para se adentrar nunha rede de profesionais, empresas e entidades con longa traxectoria e reflexionar sobre o futuro da enxeñería química.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 26/11/2021