A Xunta galardoa cos Premios Fin de Carreira a seis titulados de Música, Deseño, Arte Dramática e Conservación e Restauración de Bens Culturais

Todos eles remataron os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2019-20 en centros públicos de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia vén de galardoar cos Premios Fin de Carreira para o alumnado de ensinanzas artísticas superiores de Música, de Deseño, de Arte Dramática e de Conservación e Restauración de Bens Culturais en centros públicos de Galicia a seis estudantes que remataron os seus estudos nestas modalidades o curso 2019/20, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia.

Na modalidade de Música, resultaron galardoados Pablo Blanco Cordero e Goele Deckers, ambos do Conservatorio Superior de Música de Vigo; na modalidade de Deseño os premios son para Tania López López, da Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Mestre Mateo de Santiago de Compostela, e Andrea Permuy Fernández, da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.

Na modalidade de Arte Dramática o premio foi para Amparo Rodríguez de Dios , da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, en Vigo; e na modalidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais a galardoada é Águeda Paz Pombar, da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, en Pontevedra.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade instaurou estes premios por primeira vez o pasado ano, co fin de que os alumnos destas ensinanzas artísticas superiores estiveran en igualdade de condicións e de oportunidades que os titulados universitarios, que xa contan con galardóns desde tipo desde hai anos.

Data de actualización: 29/11/2021