A Xunta avoga por eliminar fendas de xénero e dignificar o traballo do medio milleiro de redeiras que desenvolven a súa actividade en Galicia

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con representantes da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, no que puxo en valor a colaboración que a Xunta mantén con esta entidade co fin de dignificar a profesión que exercen unhas 500 mulleres en Galicia.

A Xunta ven de asinar por terceiro ano consecutivo un convenio de colaboración con Redeiras Artesás O Peirao por valor de 20.000 euros para o desenvolvemento de accións de prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero entre este colectivo. Lorenzana subliñou a necesidade de eliminar fendas de xénero no sector do mar e sinalou que estas mulleres son exemplo de superación, resiliencia e constancia e constitúen unha canle necesaria para a loita contra as desigualdades e a violencia de xénero.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/11/2021