A Xunta apoia a sete concellos da comarca de Santiago con case 70.000€ para mellorar o equipamento das súas instalacións culturais

O delegado da Xunta e o alcalde do Pino visitaron a biblioteca do centro sociocultural Luis Seone na que se levará a cabo a ampliación da aula infantil grazas a unha achega de máis de 18.000 euros

Esta orde de subvencións vai destinada a realizar obras de reforma, ampliación ou modernización así como adquisición de materiais técnicos.

O Pino (A Coruña), 29 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde do Pino, Manuel Taboada, visitaron a biblioteca municipal do centro sociocultural, Luis Seoane, no que a Xunta de Galicia investirá máis de 18.000 euros para ampliar a área infantil e para adquirir materiais de novas tecnoloxías.

Trenor destacou que este apoio encádrase dentro das axudas destinadas á mellora e equipamento das instalacións e locais dos concellos dirixidos a actividades de carácter cultural, por importe de 500.000 euros para toda Galicia da que se beneficiaron 40 concellos. No caso concreto da comarca de Santiago, o Goberno galego investirá case 70.000 euros en equipamentos culturais dos concellos de O Pino, Ordes, Padrón, Santa Comba, Teo, Touro e Val do Dubra. Na provincia beneficiáronse desta orde de axudas 13 concellos cun investimento total de máis de 149.000 euros.

Trenor explicou que a intención desta orde de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é dotar dos medios necesarios ás entidades locais comprometidas coa acción cultural para que poidan executar as súas programacións, así como contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades culturais, garantindo o servizo público que prestan á cidadanía tanto nos eidos rurais como urbanos.

Os concellos beneficiarios teñen que ser titulares dos locais culturais para os que se solicitan as axudas e contar cunha programación cultural estable ao longo do ano.

A axuda máxima por entidade local beneficiaria é de 30.000 euros e non pode exceder do 90% do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe ascende a 35.000 euros cando se trate de solicitudes realizadas por agrupacións de concellos. Foron obxecto de subvención as actuacións relativas ao equipamento e moblaxe de locais, a realización de obras de reforma, ampliación, modernización ou mellora de inmobles, así como a adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento das accións culturais
A través destas axudas, a Xunta continúa impulsado a cultura nos distintos concellos buscando a máxima calidade e o seu acceso para todos os galegos.

COMARCA SANTIAGO

ENTIDADE
PROXECTO
AXUDA
DESTINO

O PINO 

Ampliación área infantil, novas tecnoloxías

18.718,72 €

BIBLIOTECA

ORDES  

Subministro e instalación de armarios

5.015,32 €

ARQUIVO

PADRÓN

Centro de atención ao peregrino e centro turístico, etnográfico e histórico de Padrón

30.000,00 €

OUTRO

SANTA COMBA

Mobiliario biblioteca

2.046,53 €

BIBLIOTECA

TEO

Investimento biblioteca- Casa Os Tilos

2.779,72 €

BIBLIOTECA

TOURO

Equipamento para axencia de lectura municipal

1.446,38 €

BIBLIOTECA

VAL DUBRA

Equipamento zona de ampliación da Biblioteca

8.797,11 €

BIBLIOTECA

TOTAL SANTIAGO
 

68.803,78 €

 
COMARCA A CORUÑA
ENTIDADE

PROXECTO

AXUDA

DESTINO

ABEGONDO

Mellora accesibilidade e servizo dixital

4.620,84 €

BIBLIOTECA

ARANGA

Mobiliario e equipamento para biblioteca

16.023,65 €

BIBLIOTECA

MESÍA

Cubrición de espazo local social de Boado

25.067,55 €

LOCAL SOCIAL

MIÑO

Dotación de equipamento e seguridade

10.531,01 €

BIBLIOTECA
TOTAL CORUÑA
 

56.243,05 €

 
COMARCA FERROL
ENTIDADE

PROXECTO

AXUDA

DESTINO

MAÑÓN

Equipamento librerías

3.620,32 €

BIBLIOTECA

NARÓN 

Obras de mantemento e conservación 

20.900,44 €

BIBLIOTECA
TOTAL FERROL
 
24.520,76 €
 
 

TOTAL PROVINCIA

 

149.567,59 €

 
 

 


 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/11/2021