O director xeral de Inclusión Social participa na décima Cea Solidaria de Cáritas, enmarcada na campaña ‘Persoas sen Fogar’

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe á décima Cea Solidaria organizada por Cáritas Diocesana, que está enmarcada na campaña Persoas sen Fogar. Os asistentes ao evento, celebrado nos comedores da Hospedaría do Seminario Maior-San Martiño Pinario, participaron cunha achega de 15 euros, dos que 10 se destinarán a fins benéficos.

Alí o director xeral, puxo en valor este tipo de iniciativas, que teñen como finalidade “cooperar nunha cuestión na que debe implicarse toda a sociedade galega: axudar ás persoas que se atopan nunha situación de risco”. Ademais, fixo fincapé no momento do ano no que nos atopamos, o Nadal, onde cada contribución pode cambiar moito a situación das persoas que máis o precisan.

Data de actualización: 02/12/2021