Galicia necesita incrementar as súas reservas de sangue dos grupos cero negativo e cero positivo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fai un chamamento a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da primeira ponte festiva do mes de decembro

As distintas unidades móbiles de ADOS visitarán, nestes días, máis de 40 concellos

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da primeira ponte festiva do mes de decembro, en especial ás persoas dos grupos cero negativo e cero positivo.

A vindeira ponte festiva, así como as próximas festas do Nadal, requiren dun esforzo na participación dos cidadáns, pois pode descender o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Por tanto, precisamos da xenerosidade e colaboración de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolvan o seu labor asistencial.

Doar é moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, nestes días, máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Venres 3
de decembro

ESENGRA (Ferrol), Carballo, Praza Conchiñas (A Coruña), Ribeira, Bembibre (Val do Dubra), Lalín, Centro Comercial Travesía de Vigo, Porriño, Burela,O Posio (Ourense), Verín

Sábado 4
de decembro

Narón, Xubia (Narón), Carballo, Ribeira, Lalín, Centro Comercial Travesía de Vigo, Mondoñedo

Martes 7
de decembro

 Praza de España (Ferrol), Cantón Obelisco (A Coruña), Área Central Fontiñas (Santiago), A Gaiteira/Os Castros (A Coruña), Praza Roxa (Santiago), A Ferrería (Pontevedra), García Barbón (Vigo), Rúa Barcelona (Vigo), Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense)

 
 Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
 
CENTRO
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE

Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas

Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

 
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

ADOS rembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono arriba citado.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 03/12/2021