A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Lugo

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias de A Coruña e Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir da madrugada deste domingo dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa , con mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros que afectará ao noroeste da Coruña e á Mariña lucense. No resto da costa galega haberá aviso amarelo con mar combinada do noroeste con ondas de 4 a 5 metros, sobre todo mar adentro.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
 

Data de actualización: 04/12/2021