Trenor informou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte se están impartindo 42 cursos AFD para formar a 630 alumnos cun investimento de máis de 1,7M€

O delegado da Xunta visitou aos alumnos que se están formando en Cogami que este ano contou coa adxudicación dun curso cun investimento de máis de 35.400€

Esta formación está tendo lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro

Os organizadores ofertan accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais
 

Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Compartir
  • whatsapp

, 10 de xaneiro de 2022. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíños, visitou esta mañá aos alumnos do curso AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Desempregados) que iniciaron a súa formación nos locais de Cogami en Cabana de Bergantiños. Concretamente, están sendo formados 15 alumnos en Operacións Auxiliares en Servizos Administrativos e Xerais que conta cun apoio da Xunta de máis de 35.400 euros.

Esta formación está tendo lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro. Trenor sinalou que “a través deste programa a Consellería de Emprego e Igualdade está investindo na provincia coruñesa máis de 14,5 millóns de euros para impartir 382 cursos”.

Os alumnos que participan nestes cursos tamén teñen dereito, sempre que cumpran uns requisitos, a becas que inclúen transporte, manutención, aloxamento, conciliación e apoio a alumnos vítimas de violencia de xénero ou con necesidades especiais, un programa que saíu publicado no Diario Oficial de Galicia (o pasado venres 29 de outubro).

O delegado territorial destacou que na área de Bergantiños Costa da Morte se están impartindo 42 cursos para formar a máis de 630 alumnos cun investimento que ascende a máis de 1,7 millóns de euros. Este tipo de formación está a celebrarse na súa maioría en empresas e entidades sen ánimo de lucro e catro deles están sendo impartidos polo Concello de Carballo. Os organizadores ofertan accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais.

Esta iniciativa ten como obxectivo seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2021-2022), o que posibilita que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, lógrase unha maior empregabilidade dos alumnos.


Inserción media do 60%

A Xunta continúa impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, Así, nas últimas edicións alcanzouse un grao de inserción de preto do 60% e deles, 2 de cada 3, conseguírono nos seis primeiros meses tras a finalización do curso.

Na selección do alumnado teñen preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

CURSOS AFD COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

 

AFD CONCELLO
CONCELLO
ENTIDADE
ESPECIALIDADE
ORZAMENTO
CARBALLO
CONCELLO DE CARBALLO
SOLDADURA CON ELÉCTRODO REVESTIDO E TIG
87.960,00 €
CARBALLO
CONCELLO DE CARBALLO

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE DE INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS

48.960,00 €
CARBALLO
CONCELLO DE CARBALLO
COCIÑA
82.140,00 €
CARBALLO
CONCELLO DE CARBALLO
MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA
51.690,00 €
TOTAL
4
 
270.750,00 €
AFD ENTIDADES
CONCELLO
ENTIDADE
ESPECIALIDADE
ORZAMENTO
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
ACTIVIDADES DE VENDA
34.092,00 €

CABANA DE BERGANTIÑOS

CONFEDERACIÓN GALEGA DE MINUSVÁLIDOS (COGAMI)
OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS
35.460,00 €
CARBALLO
ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SL
REPRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE EDIFICACIÓN
63.990,00 €
CARBALLO
ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SL
CONTROL DE PROXECTOS E OBRAS DE CONSTRUCIÓN
64.455,00 €
CARBALLO
ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SL
SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS
52.086,00 €
CARBALLO
ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SL
CONFECCIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB
53.649,00 €
CARBALLO
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.
REPRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA CIVIL
70.267,50 €
CARBALLO
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.
CORTINAS E COMPLEMENTOS DE DECORACIÓN
33.772,50 €
CARBALLO
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.
CORTINAS E COMPLEMENTOS DE DECORACIÓN
33.772,50 €
CARBALLO
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.
ARRANXOS E ADAPTACIÓNS DE GARANTÍAS E ARTIGOS EN TÉXTIL E PEL
36.810,00 €
CARBALLO
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L.
ARRANXOS E ADAPTACIÓNS DE GARANTÍAS E ARTIGOS EN TÉXTIL E PEL
36.810,00 €
CARBALLO
EINSTEIN FORMACIÓN S.L.
SEGURIDADE INFORMÁTICA
46.962,00 €
CARBALLO
EINSTEIN FORMACIÓN S.L.
SEGURIDADE INFORMÁTICA
46.962,00 €
CARBALLO
EINSTEIN FORMACIÓN S.L.
DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO
33.751,50 €
CARBALLO
EINSTEIN FORMACIÓN S.L.
DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO
33.751,50 €
CARBALLO
EINSTEIN FORMACIÓN S.L.
MERCADOTECNIA E COMPRAVENDA INTERNACIONAL
64.590,00 €
CARBALLO
EINSTEIN FORMACIÓN S.L.
MERCADOTECNIA E COMPRAVENDA INTERNACIONAL
64.590,00 €
CARBALLO
EINSTEIN FORMACIÓN S.L.
CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS
42.885,00 €
CARBALLO
EINSTEIN FORMACIÓN S.L.
CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS
42.885,00 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS
30.559,50 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.972,50 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2
13.972,50 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N3
19.620,00 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
COMPETENCIA MATEMÁTICA N3
19.620,00 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
XESTIÓN E CONTROL DO APROVISIONAMENTO
32.700,00 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ALMACÉNS
30.660,00 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO
24.192,90 €
CARBALLO
GABA FORMACIÓN, S.L.
CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS
30.559,50 €
LAXE
NATALI ASOREY ZORRAQUIANO
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
3.990,00 €
LAXE
NATALI ASOREY ZORRAQUIANO
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS
38.520,00 €
LAXE
NATALI ASOREY ZORRAQUIANO
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO
47.605,50 €
CEE
ACERTA FORMACION SLNE
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
3.990,00 €
CEE
ACERTA FORMACION SLNE
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO
47.605,50 €
CEE
ACERTA FORMACION SLNE
CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS
42.885,00 €
VIMIANZO
GERIATROS S.A.U.
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS
38.520,00 €
VIMIANZO
LUIS FRANCISCO ROGET PÉREZ
CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS
42.885,00 €
ZAS
ALFONSO MARTÍNEZ DE LA FUENTE
ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN
31.792,50 €
ZAS
ALFONSO MARTÍNEZ DE LA FUENTE

COMPETENCIA CLAVE NIVEL 2 PARA CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE CON IDIOMA GALEGO

27.592,50 €
TOTAL
38
 
1.432.784,40 €
TOTAL AFD CONCELLOS + ENTIDADES
42
 
1.703.534,40 €
 


 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 10/01/2022