Trenor organiza a primeira reunión do ano da comisión territorial de coordinación no Espazo Amizar

A Coruña, 12 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá no Espazo Amizar na primeira reunión do ano da Comisión Territorial de Coordinación, composta polos xefes territoriais das distintas Consellerías.

No encontro abordouse o cambio que suporá o traslado a este novo edificio administrativo das xefaturas de Emprego e Igualdade e de Política Social e analizáronse os prazos do traslado destes servizos que se fará de forma progresiva ao longo deste mes de xaneiro.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/01/2022