O stand da Xunta en Fitur acollerá máis de medio cento de presentacións de produtos e destinos turísticos galegos

Nun stand de máis de 1.000 metros cadrados tamén haberá mostras de produtos enograstronómicos galegos e contará coa participación de profesionais e de persoal do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Haberá espazos para a exhibición de artesanía en vivo, co apoio de medios audiovisuais e da campaña Camiña a Galicia

Levaranse a cabo tamén unha vintena de catas que se desenvolverán nunha ducia de espazos expositivos e informativos

Debido á alta demanda de solicitudes para poder estar presente no stand galego, os espazos que deixaron dispoñibles a Deputación de Pontevedra e o concello de Vigo están xa completamente cuberto
 

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta acolllerá no stand de Fitur medio cento de presentacións de produtos e destinos turísticos da nosa comunidade nun espazo de máis de 1.000 metros cadrados no que presentará a Galicia como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo e co Camiño de Santiago como eixo central.

A 42ª edición da feira internacional de turismo se celebrará de xeito presencial do 19 ao 23 de xaneiro, os tres primeiros días para profesionais do sector e a fin de semana, para o público en xeral. Tamén haberá mostras de produtos enograstronómicos galegos de calidade coa participación de profesionais e de persoal de Centro Superior de Hostelería de Galicia, así como espazos para a exhibición de artesanía en vivo, co apoio de medios audiovisuais e da campaña Camiña a Galicia. Ademais dun espazo de promoción da provincia de Pontevedra atendido por persoal da Xunta.

Debido á alta demanda de solicitudes para poder estar presente no stand galego, os espazos que deixaron dispoñibles a Deputación de Pontevedra e o concello de Vigo están xa completamente cubertos.

Así o primeiro día acollerá o acto inaugural, Xacobeo 21.22. Camiña a Galicia que será o arranque da presenza galega en Fitur ao que seguirán os actos de presentación do Clúster Turismo de Galicia, dos concello de A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Salvaterra e Tui, dos concellos de Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira y Valga, da rede de Xuderías (concellos de Tui, Monforte de Lemos y Ribadavia), dos Xeodestinos Ferrolterra (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) e Barbanza- Arousa e da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo Provincia de Lugo.

Ao longo do xoves estarán no Stanford de Galicia, Pantón Classic Surf Pro, o Real Club Náutico de Sanxenxo, a Deputación de Ourense-Inorde, Expourense, concello de Ourense, concello da Estrada, Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), Turexpo-Festur e a empresa ElPulpo. Así como os Xeodestinos Manzaneda Trevinca, O Salnés, Ría de Vigo e Baixo Miño e O Ribeiro-O Carballiño.

E como remate, o vernes acollerá as presentacións da Deputación de Lugo e Deputación de A Coruña, concello de Lugo, concello de Pontevedra, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, proxecto xeoparque Cabo Ortegal, Museo MEGA (Mundo Estrella Galicia), Asnauga, GDR ASOCIACIÓN Terras de Compostela e a Mancomunidade de Ordes,así como os Xeodestinos A Mariña Lucense (Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense), As Mariñas, Ría de Muros e Noia, Celanova- Baixa Limia, Costa da Morte

Stand de Galicia

O stand galego terá un deseño moderno e de cores vistosas que queren simbolizar a esperanza e a ilusión coa que Galicia afronta o segundo ano do Xacobeo logo de demostrar no 2021 que era un destino seguro e bater récords no que á recuperación do sector se refire malia a pandemia. Nese sentido, o espazo expositivo contará de novo coa presenza do botafumeiro de prata en tamaño real realizado por ourives hai máis de 60 anos e co que, como no 2021, os visitantes poderán fotografarse.

Fitur 2022 celebrarase de novo no recinto ferial Juan Carlos I de Madrid e para reforzar a seguridade sanitaria, vaise pedir o pasaporte covid, o certificado dixital europeo, aos cidadáns da Unión Europea e dos países que fagan uso desta mesma acreditación, mentres que aos demais países se lles solicitará o Spain Travel Health, así como test de antíxenos negativos de non poder presentar o pasaporte de vacinación. No recinto haberá tamén un rigoroso control de ocupación e da ventilación.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/01/2022