A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá as instalacións

A Xunta de Galicia supervisa as obras de mellora realizadas na Residencia xuvenil de Altamar en Vigo

O Goberno galego destinou máis de 100.000 euros para a reforma do ascensor e do patio interior, así como para a substitución das canalizacións

Vigo, 13 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá a Residencia xuvenil Altamar, na que a Xunta de Galicia vén de realizar obras de mellora. Alí saudou ás usuarias e usuarios das instalacións, cos que conversou sobre as iniciativas e propostas que ofrece o centro das que están a participar.
A directora xeral fixo un percorrido polo centro para supervisar as reformas levadas a cabo durante o ano 2021 grazas a unha achega da Administración autonómica que superou os 100.000 euros. As melloras centráronse na modernización do ascensor e na adaptación e ampliación de espazos do patio interior, así como na substitución de canalizacións na cociña, no que se investiron máis de 90.000 euros. A estes traballos engadiuse a adquisición de materiais para o equipamento do ximnasio ou colchóns para as habitacións, entre outro mobiliario.
Cristina Pichel destacou a importancia de manter as instalacións das residencias xuvenís coas máximas garantías para alcanzar o maior rendemento e que, así, os mozos e mozas residentes poidan desfrutar dunha experiencia completa e positiva.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/01/2022