A Xunta autoriza o contrato de xestión da Axencia Galega de Infraestruturas, que mobilizará máis de 500 M€ nos vindeiros 2 anos

Feijóo salienta a incorporación ao contrato de dous eixos novidosos: a mellora das paradas de autobús e a dixitalización das estradas

Destaca algunhas das actuacións que recolle e nas que xa se comezou a traballar para seguir erixindo unha Galicia máis conectada e con mellores infraestruturas
 

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2022.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a autorización do contrato de xestión da Axencia Galega de Infraestruturas, que mobilizará un orzamento de máis de 500 M€ nos vindeiros dous anos (2022-2023).

Máis polo miúdo, Feijóo explicou, no apartado de novidades, que este contrato contempla a incorporación de dous eixos: a mellora das paradas de autobús para acadar uns puntos máis seguros e accesibles; e a dixitalización das estradas para facilitar o traballo administrativo, optimizar a información dispoñible e favorecer con eses datos a implantación do coche autónomo.

Ademais, Feijóo enumerou as actuacións que recolle en materia de estradas nas que xa se comezou a traballar como a continuación da Vía Ártabra, a conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, o enlace da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda, a licitación da primeira fase do acondicionamento da LU-651 en Folgoso do Courel, a próxima execución de novas vías de alta capacidade con actuacións na autovía da Ramallosa-A Estrada, a continuidade do eixo Tui-A Guarda e o de Nadela-Sarria.

Finalmente, e aínda que non se enmarcan neste contrato, tamén citou algunhas das infraestruturas sanitarias encomendadas a AXI como o Hospital Público Gran Montecelo, a ampliación dos hospitais de Ferrol e Ourense, os centros integrais de saúde de Lugo e Lalín e a execución do centro de saúde Olimpia Valencia en Vigo. Así como outros proxectos que se seguirán impulsando no 2022, como o novo edificio administrativo de San Caetano e a ampliación do recinto feiral IFEVI de Vigo.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/01/2022