A Xunta convocará unha reunión de mediación con Tegestacín, a petición do comité de empresa

Lugo, 14 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia convocará, en próximas datas, unha reunión de mediación cos xestores da empresa Tegestacín, respondendo así á petición do comité de empresa, nun encontro que tivo lugar esta mañá na Delegación Territorial de Lugo.

A esta xuntanza asistiron os representantes sindicais dos traballadores, ademais da Directora Xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha; o Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros e o delegado territorial, Javier Arias, entre outros.

Os delegados sindicais dos traballadores de Tegestacín, a planta láctea de Outeiro de Rei en proceso de extinción cun ERE que afecta a 70 empregados, explicaron aos representantes do Goberno Galego que teñen prevista unha reunión cos responsables da empresa o vindeiro día 19, polo que unha vez celebrada a mesma e tras coñecer a postura da empresa, a Xunta fixará a data para a xuntanza de mediación a tres bandas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/01/2022