A Xunta de Galicia pon en valor o papel que os espazos xoves teñen na oferta de ocio e lecer para a mocidade galega da contorna de Lugo

Lugo, 14 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos responsables do Espazo Xove da provincia de Lugo, situadas nos concellos de Chantada, Vilalba e Viveiro, para elaborar a programación anual de actividades, na que se combinarán diferentes propostas formativas e de ocio e lecer educativo e de interese para as mozas e mozos da zona.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, trasladou a importante oportunidade que se abre, con motivo do Ano Europeo de Xuventude que se celebra neste 2022, para seguir mellorando os recursos, instrumentos e información ao servizo da mocidade. Trátase dunha tarefa de dinamización na que os diferentes espazos xoves repartidos por toda Galicia xogan un papel fundamental.
 

Data de actualización: 14/01/2022