A conselleira de Política Social visitou hoxe a urbanización de vivendas destinadas a menores desta entidade

Fabiola García sinala que Galicia segue á vangarda na atención e na protección da infancia gracias a proxectos como os de Aldeas Infantiles en Redondela

Neste centro residen 48 menores tutelados, ofrécese atención diúrna a rapaces en situación de vulnerabilidade e ao programa para mozos que acadan os 18 anos e saen do sistema de protección

O Goberno galego destina a Aldeas Infantiles 3,3, millóns de euros anuais para a posta en marcha destas e outras iniciativas na comunidade

O Consello da Xunta aprobou a semana pasada un programa piloto para anticiparse a casos de desprotección nas comarcas do Barbanza e o Salnés
 

Redondela (Pontevedra), 19 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que Galicia segue á vangarda na atención e na protección da infancia gracias a proxectos como os de aldeas infantiles en Redondela. Esta mañá visitou a urbanización da infancia, situada na parroquia de Ventosela, na que residen 48 menores tutelados.

A urbanización está conformada por 14 casiñas nas que os nenos comparten espazos. Ademais, Aldeas Infantiles tamén conta cun centro de atención diúrna nestas instalacións para menores en situación de vulnerabilidade e realiza o programa Jóvenes, destinado a rapaces que, unha vez acadan os 18 anos, saen do sistema de protección e precisan axuda para acceder a unha vivenda ou a estudos superiores.

O Goberno galego destina 3,3, millóns de euros a Aldeas Infantiles para a posta en marcha destes proxectos e doutros que realizan na comunidade. A conselleira lembrou que Galicia segue mellorando a atención á infancia con medidas innovadoras.

Exemplo disto é o programa espazos de prevención familiar, aprobado polo Consello da Xunta a semana pasada, e que permitirá anticiparse a posibles casos de desprotección da infancia. Poranse en marcha de xeito piloto nas comarcas do Barbanza e o Salnés e contarán cun orzamento de 1,3 millóns de euros.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/01/2022