Trenor aposta en Fitur por seguir potenciando as Rías Altas de Ferrolterra como unha experiencia ao redor do mar, a historia e a gastronomía

O delegado territorial da Xunta participou na presentación de “Ferrolterra Rías Altas: Patrimonio Vivo”, organizada polo xeodestino Ferrolterra

Trenor destacou que grazas ao traballo das administracións e de todo o sector turístico Galicia superou en 25 puntos o nivel medio de recuperación da demanda turística no conxunto de Estado en 2021
 

Madrid (A Coruña), 19 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta tarde, na ponencia “Ferrolterra Rías Altas: Patrimonio Vivo” dentro das presentacións da programación de Galicia, que se levaron a cabo na 42 edición de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid desde hoxe mércores.

O delegado territorial destacou, na súa intervención, que “a nosa comunidade recibiu 3,5 millóns de viaxeieros que fixeron case 8 millóns de noites e certificáronse preto de 180.000 compostelas. Estas cifras representan un 20% máis das compostelas que inicialmente estaban previstas e un 18% máis de viaxeiros dos que se esperaban recibir”. Trenor subliñou que “superamos en 25 puntos o nivel medio de recuperación da demanda turística no conxunto do Estado en 2021”.

O representante do Goberno autonómico apuntou que “o xeodestino de Ferrolterra está a traballar moi duro para colocar a esta comarca nos principais mapas turísticos de España e do mundo”, Neste senso, afirmou que esta mancomunidade “conta cunhas paraxes de alto valor natural e paisaxístico, que a converten nun destino único e diferenciado”. Ademais, lembrou que este xeodestino é un dos puntos de partida do Camiño Inglés en Galicia e un referente no ámbito do turismo industrial.

Ademais, afirmou que “unha das experiencias máis impresionantes que podemos experimentar é descubrir as súas Rías Altas porque esconden un importante patrimonio cultural e histórico que sen dúbida, non deixará de sorprendernos grazas ao mar, a natureza e a súa excelente gastronomía”.

Trenor rematou a súa intervención subliñando que “a colaboración entre administracións e o sector turístico sitúanos no camiño correcto para fortalecer a marca turística Ferrolterra como parte esencial da marca Destino Galicia” e apuntou que “para lograr este obxectivo a mancomunidade de Ferrolterra conta coa Xunta de Galicia”.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/01/2022