A produción do Centro Dramático Galego ‘A peste’ enche na súa estrea o Salón Teatro

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O Salón Teatro de Santiago de Compostela encheuse este serán para a estrea de A peste, a primeira produción do ano do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta. A presentación da montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, ademais do director do CDG, Fran Núñez, e de diversa representación das principais organizacións do sector.

A peste permanecerá no Salón Teatro ata o 13 de marzo con Evaristo Calvo, César Cambeiro, Nacho Castaño, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda G. Alfaro, Paku Granxa, Luís Iglesia B., Miquel Ínsua, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, María Roja, Santi Romay e Carlos Sante sobre as táboas. O equipo artístico está composto por Dani Trillo na escenografía, Martina Cambeiro no vestiario e maquillaxe, Alfonso Castro na iluminación, Guillerme Fernández na música e no espazo sonoro, Belén Pichel na asistencia de dirección e Keka Losada na de produción.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 20/01/2022