Feijóo asiste ao Certame de Rondallas en Vigo apoiado pola Xunta para impulsar estas agrupacións e promover a conservación da cultura popular e de base

Vigo, 23 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu esta mañá á IV edición do Certame de Rondallas que tivo lugar na Estación Marítima de Vigo, unha cita impulsada pola Xunta de Galicia que apoia e promove a conservación da cultura popular e de base.

No certame, que regresou tras a súa interrupción o ano pasado por mor da pandemia, actuaron un total de 13 rondallas procedentes tanto de distintas parroquias de Vigo – Beade, Bembrive e Valadares— como de concellos da área metropolitana –como Gondomar, Tui, Nigrán e Mos—, o que volveu poñer de manifesto a forte presenza destas agrupacións no sur de Galicia.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/01/2022