Controlado o incendio forestal no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, xa está controlado.

O lume comezou ás 14,31 h. deste mediodía e quedou controlado ás 18,12 h. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. No lugar están a traballar 2 axentes, 2 brigadas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 27/01/2022