A nova xerente de Galicia Calidade visita empresas de Arnoia, o Carballiño e Maside que contan co certificado de garantía

Ana Méndez mantivo encontros cos responsables de ‘Bodegas Nairoa’, ‘Confitería Cerviño’ e ‘Nor-Ibérica de Bebidas’ nos que lles trasladou as principais liñas de traballo para este ano e escoitou as súas inquedanzas e propostas

Compartir
  • whatsapp

Ourense, 28 de xaneiro de 2022.- A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe tres das empresas certificadas na provincia de Ourense por esta marca dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para presentarlles as principais liñas de traballo que se desenvolverán no presente ano para apoiar as empresas que contan con este selo de garantía.

De este xeito, reuniuse cos responsables de Bodegas Nairoa, adega situada en Arnoia que elabora viños de diferentes variedades desde 1999; Confitería Cerviño, empresa familiar do Carballiño que aposta por elaboracións artesanais; e Nor-Ibérica de Bebidas, localizada en Maside e dedicada a elaborar augardentes e licores de gran calidade. Nestas xuntanzas, Ana Méndez puido coñecer de primeira man as súas inquedanzas e recoller a súas suxestións.

Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/01/2022