O IGE estima que Galicia pechou o ano 2021 cun crecemento do 5,3%, tres décimas por riba de España

Galicia recuperará a riqueza prepandemia neste ano 2022

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O Instituto Galego de Estatística (IGE) estima que Galicia pechou o ano 2021 cun crecemento medio do 5,3%, tres décimas por riba do avanzado hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE) para España.
Este dato confirmarase en febreiro coa publicación dos datos de Contabilidade trimestral referentes ao cuarto trimestre de 2021 que difundirá o IGE o día 25 do mes que vén.
Galicia recupera así máis da metade do PIB perdido durante a pandemia e neste ano 2022, tal e como está previsto, a Comunidade galega estará en disposición de recuperar a riqueza prepandemia.

Data de actualización: 28/01/2022