Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 8.933 novas:
30/11/23 | 19:13  | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor a figura e a obra do pintor pontevedrés Manuel Moldes

Valora a aportación artística de Moldes como chave para o tecido cultural galego e as nosas artes

30/11/23 | 18:37  | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda recoñece na súa visita ó Centro galego de Puerto la Cruz o seu traballo incansable e o compromiso social cos galegos

O secretario xeral da Emigración recorda que esta visita reflicte a cercanía cotiá da Xunta de Galicia cos cidadáns galegos residentes nos diferentes Estados de Venezuela.

30/11/23 | 17:53  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta pon en valor en Futurgal as case mil persoas atendidas pola Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para xerar riqueza e fixar poboación

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Ourense no ‘Futurgal Summit 2023’, onde salientou que a Rede de polos foi destacada como boa práctica pola Unión Europea de cara á súa réplica noutras rexións

30/11/23 | 17:48  | C. do Medio Rural

A Xunta defende a vía da calidade para diferenciar a produción alimentaria de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria abriu a sesión de tarde do I Congreso Internacional de Consumo que organiza a Unión de Consumidores de Galicia

30/11/23 | 17:47  | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta pon en valor que as 4 provincias galegas presentan candidaturas para contar co distintivo de Sendeiros azuis en 2024

Belén do Campo incide en que o obxectivo é revalidar o resultado obtido na pasada edición destes galardóns, cando se converteu na autonomía co maior número de distintivos deste tipo con 35 itinerarios recoñecidos

30/11/23 | 17:38  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pídelle ao concello de Lugo que achegue a documentación técnica do acordo coa confederación do Miño-Sil que permita avanzar no plan Paradai

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou hoxe do estado do proxecto ao presidente da asociación de veciños do barrio, Christian Fernández

30/11/23 | 17:22  | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta investirá case 220.000 euros na redacción dos proxectos para urbanizar e parcelar a ampliación do parque empresarial de Bértoa, en Carballo

A finalidade é axilizar os trámites para urbanizar preto de 640.000 metros cadrados de superficie bruta, dos que arredor de 380.000 metros cadrados corresponden a parcelas de uso empresarial

30/11/23 | 16:44  | C. do Mar

A Xunta pecha os foros de Galicia Sabe Amar nos que profesionais da gastronomía puxeron en valor as propiedades dos produtos do mar galegos

O conselleiro enxalzou a calidade e variedade das preto de 300 especies que son comercializadas polas máis de 60 lonxas de toda Galicia e sinalou a importancia de incentivar o seu consumo dentro dunha dieta equilibrada e saudable

30/11/23 | 16:35  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por 3,2 M€ a mellora de tres estradas autonómicas nos concellos de Carballo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos, Muxía, Cee, Corcubión e Fisterra

Levaranse a cabo actuacións de reforzo do firme nas estradas autonómicas AC-440, AC-414 e AC-445

30/11/23 | 16:32  | Consellería de Economía, Industria e Innovación

A Xunta defende o importante papel das comunidades enerxéticas para que Galicia acade os seus obxectivos en canto a uso e aproveitamento de renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela nas xornadas ‘Comunidades enerxéticas na xestión pública’

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: