O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno

Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos residentes en Venezuela

Caracas (Venezuela), 16 de marzo de 2022
Compartir
  • whatsapp

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co cónsul xeral de España en Venezuela, Juan José Buitrago, na que destacou a importancia da labor do consulado para facilitar o retorno das familias a Galicia.

Nesta reunión, Miranda trasladoulle a Buitrago o esforzo realizado pola Xunta durante estes últimos anos para acompañar no proceso de retorno das familias galegas, actuando tanto no país de procedencia como na súa chegada a Galicia.

Coordinación na atención social

A maiores, Rodríguez Miranda tamén se reuniu con José Francisco Armas, consejero de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social de España en Venezuela. O encontro tivo como principal obxectivo a coordinación entre ambas institucións para continuar a traballar na mellora da calidade de vida dos galegos neste país de cara a darlles a mellor atención social.

Deste xeito, Antonio Rodríguez Miranda pediulle a José Francisco Armas a máxima implicación da Consejería porque é moi relevante o papel que ten que desempeñar neste ámbito, e ofreceu a colaboración coordinada da administración galega para acadar estes fins.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/03/2022