A Xunta destaca o potencial de Galicia para posicionarse como referente en renovables, almacenamento enerxético e hidróxeno verde

A Coruña, 1 de abril de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá na clausura do encontro empresarial sobre o hidróxeno verde organizado pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime).

Na súa intervención destacou que Galicia ten capacidade e potencial para posicionarse como rexión referente en xeración renovable, almacenamento enerxético e tecnoloxías asociadas como o H2 verde; e por suposto ten capacidade e potencial industrial para aproveitar a oportunidade de desenvolvemento de toda a cadea de valor tractora asociada tanto á enerxía eólica mariña, como á tecnoloxía de hidróxeno renovable.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/04/2022