Conde traslada ao piloto monfortino Eduardo Iglesias o apoio da Xunta para seguir levando o nome de Galicia Calidade e do Xacobeo a nivel internacional

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2022
Compartir
  • whatsapp

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo recentemente un encontro co piloto do Team Monforte Rally Eduardo Iglesias, a quen felicitou pola súa participación no Rally Dakar 2022, que logrou rematar por terceiro ano consecutivo, logrando nesta ocasión situarse na 78ª posición.

No encontro, o vicepresidente segundo trasladoulle ao deportista monfortino o apoio da Xunta para seguir levando en próximas competicións o nome de Galicia Calidade e do Xacobeo a nivel internacional, contribuíndo así á proxección exterior da Comunidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/04/2022