Controlados dous incendios forestais rexistrados no concello pontevedrés de Agolada e no ourensán de Piñor

O lume de Agolada localízase na parroquia de Vilariño e afecta unhas 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais

O incendio de Piñor rexístrase na parroquia de Torcela e afecta arredor de 30 hectáreas, de acordo coas últimas estimacións provisionais
 

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Agolada, na parroquia de Vilariño, que está controlado dende as 06,13 h. desta mañá e que, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para o control deste lume, que se iniciou ás 01,29 h., mobilizáronse ata o de agora 1 axente, 4 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.
Por outra banda, o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Piñor, na parroquia de Torcela, permanece controlado dende as 02,32 h. desta madrugada. Este lume iniciábase onte ás 18,26 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 5 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 07/04/2022