A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h. de hoxe

Estabilizado un lume no concello do Irixo, parroquia de Parada de Labiote, que afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas de superficie

O incendio de Piñor, parroquia de Torcela, permanece controlado e afecta provisionalmente unhas 30 hectáreas

O lume de Agolada, parroquia de Vilariño, permanece tamén controlado e afecta unhas 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h. de hoxe.

O Irixo

O lume rexistrado ás 06,30 h. desta mañá quedou estabilizado ás 09,50 h. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. No seu control están a traballar 2 axentes, 2 brigadas e 2 motobombas.

Piñor

O incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Piñor, na parroquia de Torcela, permanece controlado dende as 02,32 h. desta madrugada. Este lume iniciábase onte ás 18,26 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas. Na súa extinción levan participado 6 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

Agolada

Tamén permanece controlado, desde as 06,13 h. desta mañá, o lume rexistrado no concello de Agolada, parroquia de Vilariño, tras comezar á 1,29 h. desta madrugada. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Na súa extinción participan 2 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 07/04/2022