A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da Coruña e no litoral lucense

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa mar adentro entre Prior e Bares, con vento do suroeste-oeste de forza 8, no noroeste da provincia de A Coruña e no litoral lucense.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/04/2022