O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE reúnese co cónsul xeral de Arxentina en Vigo

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe no seu despacho ao novo Cónsul da República Arxentina con sede en Vigo e ámbito de actuación en Galicia, Asturias e Castela e León. 


O director xeral analizou co cónsul arxentino, Horacio Martín Doval, a xeopolítica actual en América Latina e destacaron a importancia de seguir reforzando as relacións sociais, culturais e institucionais entre Galicia e Arxentina.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 20/04/2022