A Xunta garante a participación das persoas con discapacidade en condicións de igualdade nos procedimentos xudiciais

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, mantivo un encontro coa presidenta da Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), María Isabel Gey Pérez, para informarlle sobre a reforma da lexislación civil e procesual en apoio das persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, garante o compromiso da Xunta coa participación das persoas con discapacidade en condicións de igualdade nos procedementos xudiciais.

 

O director xeral de Xustiza recibiu hoxe a María Isabel Gey Pérez, presidenta da Federación Alzheimer Galicia (Fagal), para tratar diversos aspectos da Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.

 

Esta norma ven a buscar nos procedementos xudiciais ás adaptacións e axustes que sexan necesarios para garantir a participación da persoa con discapacidade en condicións de igualdade, polo que a resolución xudicial que se dite debe ter en conta as necesidades da persoa, a súa vontade, desexos e preferencias.

 

Nesta tramitación, as autoridades xudiciais poden solicitar informes á entidade pública que no respectivo territorio teña encomendada a función de promoción da autonomía e asistencia ás persoas con discapacidade, ou ás entidades do terceiro sector de acción social debidamente habilitadas como colaboradoras da Administración de Xustiza, como é o caso de Fagal.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 26/04/2022