Galicia rexistra un total de 17.987 casos activos por coronavirus

 Un total de 564.858 pacientes xa están curados

A día de hoxe hai 17.312 pacientes en seguimento nos seus domicilios

 O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2022.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.987, deles 3.477 son da área da Coruña, 2.724 da de Lugo, 2.512 da de Ourense, 1.995 da de Pontevedra, 2.815 da área de Vigo, 3.030 da de Santiago e 1.410 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 19 están en UCI, 656 en unidades de hospitalización e 17.312 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 564.858 persoas curadas, rexistrándose 3.343 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 28 de abril:
Muller de 94 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Home de 81 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 76 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Muller de 92 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
 
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.850.974.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.642.328.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest deberán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, poderán facelo dun xeito sinxelo cumprimentando a declaración responsable dispoñible na web do Sergas.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 30/04/2022