A Xunta realizará un estudo sobre o estado e os servizos das áreas de descanso para transportistas na comunidade

Desde hoxe e ata o 24 de maio faranse enquisas a profesionais do sector do transporte de mercadorías por estrada para coñecer a súa opinión sobre o estado, as instalacións e os servizos das zonas de descanso que lle dan servizo

Ademais de enquisas in situ, os profesionais poderán contestar o formulario a través da páxina do Observatorio do Transporte de Mercadorías por Estrada, OTRAME

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, realizará un estudo sobre o estado e os servizos das áreas de descanso para transportistas na comunidade galega.

Desde este luns día 9 e ata o martes 24 de maio, realizaranse enquisas nas estacións de descanso e servizo de todo o territorio galego aos profesionais do transporte de mercadorías para coñecer a súa opinión sobre o estado, as instalacións e os servizos das zonas de descanso que lle dan servizo.

Ademais das enquisas in situ, os profesionais do transporte de mercadorías poderán contestar o formulario directamente accedendo ao Observatorio do Transporte de Mercadorías por Estrada, OTRAME, que a Xunta puxo á disposición de todas as empresas de transporte e demais interesados a través da web https://observatoriotransporte.xunta.gal

A Xunta tamén distribuirá tarxetas con códigos QR enlazados á enquisa nun gran número de áreas de descanso da comunidade galega.

Os datos obtidos a través deste estudo servirán para coñecer de primeira man e en detalle as opinións e necesidades dos profesionais do transporte de mercadorías por estrada en relación ás zonas de descanso e aos servizos que nelas se prestan, e avaliar posibles melloras futuras.

Data de actualización: 09/05/2022