A Xunta celebra o Día de Europa coa mocidade portuguesa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse cunha delegación de mozos e mozas da municipalidade portuguesa de Ponte da Barca para celebrar o Día de Europa

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibiu hoxe  ao vicepresidente do municipio portugués de Ponte da Barca, José Alfredo Pereira Bastos Oliveira, acompañado dunha delegación de mozos e mozas da súa localidade.

 

A visita realizouse hoxe no marco do Día de Europa, na que o director xeral se referiu aos valores compartidos por España e Portugal dende o momento de adhesión polos dous Estados Membros en 1986 e á importancia da cooperación transfronteiriza para apuntalar o proceso de integración da Unión Europea.

 

Jesús Gamallo, tamén advertiu que os valores propios da Unión Europea, como as liberdades públicas, o Estado de Dereito, a democracia e os Dereitos Humanos, non deben darse por entendidos, senón que é necesaria a súa defensa activa nunha Europa máis unida de cara á súa actuación na escena internacional.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/05/2022